
O pasado venres 4 de abril celebramos a nosa Asemblea Xeral Ordinaria nas instalacións da oficina Municipal de Distrito de Bouzas (Casa do Patín).
A sesión estivo centrada en aprobarmos os informes do exercicio anterior e a planificación do presente.
Entre os aspectos máis salientables debemos mencionar a grande cantidade de actividades celebradas o ano pasado, a pesar de termos constituído a asociación recentemente.
Para o 2025 a nosa planificación é continuísta en liñas xerais, centrándonos nas xornadas de navegación para persoas socias e a asistencia a diversos eventos organizados por outros colectivos, principalmente os federados en Culturmar.
Tamén houbo tempo para compartir ideas arredor do que será o noso proxecto estratéxico nos vindeiros meses: dotármonos de instalacións onde manter e visibilizar a nosa frota de embarcacións tradicionais.
Queremos agradecer a colaboración do Concello e da Concellería de Participación Cidadá que nos cederon o espazo para a realización deste evento.
Deixa unha resposta