Organizado polo Clúster Náutico Rías Baixas, entre o 22 e o 25 de maio de 2025 terá lugar en Vigo o Festival Azul que cada ano reúne todo tipo de entidades relacionadas co mundo do mar para ofrecer ao público un grande abano de experiencias.
Este ano Cabo do Mar ten o orgullo de participar por primeira vez, ofrecendo un obradoiro arredor das embarcacións tradicionais no cal compartiremos coñecementos sobre esta expresión do patrimonio marítimo e a súa salvagarda.
Podedes encontrar toda a información sobre o festival, así como os formularios de inscrición ás diferentes actividades, nesta ligazón.
Deixa unha resposta