No 17 de maio de 2025, Dia das Letras Galegas, dimos un grande paso adiante como asociación inaugurando o noso primeiro espazo no mar.
Grazas á colaboración da Autoridade Portuaria de Vigo e da Fundación Traslatio, as nosas embarcacións tradicionais estarán expostas ao público na área portuaria da Laxe, compartindo localización con outras embarcacións senlleiras como o vapor Hidria Segundo, a goleta Evangelina ou o fareiro Rías Bajas.
Con esta iniciativa, esperamos poñer a semente dunha Mariña Tradicional onde desenvolver o noso labor de salvagarda das embarcacións tradicionais galegas e de difusión do patrimonio inmaterial que as rodea. En breve comezaremos a desenvolver as nosas actividades de navegación habituais, así como novas iniciativas, desde este novo centro de operacións.
Queremos expresar ás mencionadas entidades o noso agradecemento pola confianza depositada en Cabo do Mar que permitiu dar comezo a esta colaboración que, sen dúbida algunha sabemos que será frutífera para a cidadanía viguesa.
Deixa unha resposta