Masterclass en Redondela

O pasado 16 de maio de 2025, e por segundo ano consecutivo, o compañeiro Víctor Fernández, membro da Xunta Directiva de Cabo do Mar, impartiu unha masterclass sobre a salvagarda do patrimonio marítimo e fluvial en Redondela.

A sesión, destinada ás persoas participantes no Obradoiro de Emprego do municipio, tivo lugar na Casa de Labor do Pousadouro.

Durante a actividade, repasáronse cuestións chave como as peculiaridades do patrimonio marítimo e fluvial, o oficio da carpintaría de ribeira ou o papel de Culturmar.

Cabe destacar que os participantes nesta iniciativa traballan actualmente na construción dunha réplica navegable do bote Manuel, que seguindo as tradicións mariñeiras será bautizado como Novo Manuel. A embarcación orixinal foi restaurada na edición anterior e hoxe exponse no museo Meirande.


Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *