Navegación a vela pola ría de Vigo

Primeira navegación da temporada

Onte, xoves 29 de maio, dimos por fin comezo á temporada de navegacións para socias e socios. Tal e como xa fixemos o ano pasado, cada semana até ben entrado o outono, sempre que o calendario de encontros e regatas o permita, reunirémonos para explorarmos a ría coas socias e socios a bordo das nosas embarcacións tradicionais.

Nesta ocasión tivemos que atrasar unha semana o inicio da actividade, que debía ter comezado o xoves inmediatamente posterior ao 17 de maio, para participarmos no Festival Azul. Así que xa había ganas!

Na primeira singradura da temporada desfrutamos dun día soleado e unha brisa frouxa, ideal para as nosas embarcacións de pequena eslora, a Barola e a Josefa. Aproveitamos as benignas condicións de vento para practicarmos manobras como as viradas, o pairo e o control da velocidade.


Comentarios

Unha resposta a “Primeira navegación da temporada”

  1. Unha gozada!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *