Onte mércores pechouse de brétema toda a tarde e hoxe tanto o ceo da mañá como a predición meteorolóxica ameazaban con repetir. Por se fose pouco, ao mediodía retumbaron os tronos na ría.
A pesar de todo, decidimos probar sorte e saírmos ao mar nas nosas pequenas embarcacións de madeira.
O resultado non podía ter sido mellor: unha tarde espléndida e un ventiño fresco que nos deixou lugar ao aburrimento. Así foi até o punto de que ninguén lembrou tirar nin unha soa foto. Sorte que o móbil dun dos mariñeiros rexistrou a derrota e nos deu algo co que ilustrar esta entrada.
Deixa unha resposta