Navegación fluvial a vela en Esposende

No Rio Cávado, Esposende

No fin de semana do 6 ao 8 de xuño desprazámonos á vila portuguesa de Esposende para participarmos na décimo cuarta edición do seu Encontro de Embarcações Tradicionais e terceira do seu Festival Náutico.

A asociación Forum Esposendense organiza o evento, que nesta edición contou con un nutrido programa de actividades que incluíu palestras, proxeccións, actuacións musicais e actividades infantís.

Naturalmente, tampouco faltou a navegación nas augas do Rio Cávado. Diversas embarcacións tradicionais galegas e portuguesas batallaron coa forte corrente e o vento de proa entre bancos de area que atraparon máis dun leme, incluíndo o da Barola. O resultado foi unha emocionante e esixente singradura e unha grande satisfacción ao conseguirmos cubrir o cuarto de milla entre o Centro de Atividades Náuticas e a Estação de Socorros a Náufragos, sede do Museu Marítimo.

Cabe destacar a participación da catraia Santa Maria dos Anjos, que gobernada pola experta tripulación local deu unha lección de navegación fluvial mesmo na xornada do domingo, mentres o empeoramento das condicións nos levaba a outras a buscar refuxio.

Debemos mencionar tamén a extrema hospitalidade do Forum Esposendense e demais entidades colaboradoras, que nos acolleron cos brazos abertos e nos brindaron un fin de semana repleto de comodidades e boa gastronomía.

Embarcacións tradicionais galegas en Esposende

Comentarios

2 respostas a “No Rio Cávado, Esposende”

  1. Avatar de MARIA JOSE

    Fin de semana de navegación no río Cávado òptima como din nosos irman portugeses, destacar a boa organización e acollemento do Forum Esposendense ,e repleto de novos coñecementos e experiencias. Ahi vai unha mostra

    O PESCADOR

    Redes vão e redes vem, Assim vive o pescador. Colher redes, secar redes Ir ao mar à tôa, vêdes? Colher redes, secar redes, Assim vive o pescador.

    barquito bem veleiro, Vento fresco, vela penda, Coitadito que assim anda Serm pavor Que mar tão alto, Senhor!

    Caça a vela d’outra banda Mete o leme pescador.

    Cedo vem noite cahindo E o barco e o pescador Perdem seu rumo, Senhor, N’esse mar.

    Oscilla o barco, desanda, Com choqus de mar da panda Sem cessar!…

    or, Senhor infinito, barco pequenito Vae Lá bene ao mar pescar. Levae-o Se Trazei-o, Senhor, guiae-o Que bem o podeis guiar.

    <<>>

    Álvaro Pinheiro

  2. A excelente atención que nos deu o Forum Esposendense, o ambiente de compañerismo entre as tripulacións axudándose nas subidas e baixadas das embarcacións, a posibilidade de coñecernos mellor entre a nosa tripulacións… son experiencias que deixan un bo corpo e que merecen volver repetir para o ano

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *