A Barola, bote da ría de Vigo

Tarde de estrea

Unha semana mais saímos ao mar nas nosas embarcacións tradicionais. Desta volta, un novo patrón estreouse ao mando da Barola. Canto nos alegra que a tripulación se bote para adiante!

Din os nosos estatutos que un dos fins principais de Cabo do Mar é a “transmisión dos saberes asociados ás embarcacións tradicionais e á súa navegación”. Pois o movemento demóstrase navegando.

A tarde prometía pouco vento e calor abafante, pero pola ría adiante as altas temperaturas lévanse mellor. Así que pasamos a tarde tentando aproveitar a lixeira brisa no mar do Berbés.

A Josefa, que este fin de semana participará nas xornadas mariñeiras Muros Mira ao Mar, dirixiuse ao caer a tarde á rampla de varada. Unha socia capturou o momento desde o seu barco, deixándonos esta preciosa estampa.

Dorna no solpor

Comentarios

Unha resposta a “Tarde de estrea”

  1. Avatar de Begoña Fernandez Lareo
    Begoña Fernandez Lareo

    Que imaxe mais bonita!
    E representanos moi ben, dorna, faro, as Cíes… Fotaza🤩

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *