Este xoves saímos novamente explorar a ria nos barcos de madeira. A previsión de vento non era moi alentadora, anunciando calma desde ben cedo. Por sorte, unha lixeirísima airexa mantívose durante boa parte da tarde permitíndonos cruzar o charco e recalar na rampla da Mosqueira –en Moaña–, onde parte da tripulación aproveitou para dar un baño e espantar o bochorno.
Na singradura de regreso chegou o que estábamos temendo: o recalmón. No medio das bateas o vento cesou como se pecharan a porta, así que houbo que arrancar os motores a pan de millo e, voga que voga, cubrir a milla e media que nos separaba do Berbés.

Deixa unha resposta