
O buque escola da armada Alemana Gorch Fock II recalou en Vigo e non perdemos a oportunidade de nos achegar a visitalo, aproveitando a xornada de portas abertas do pasado domingo 9 de marzo.
Trátase dunha bricbarca de tres paus e máis de 80 metros de eslora, construída en 1958 seguindo os planos do homónimo Gorch Fock I.
A bordo deste soberbio veleiro puidemos admirar de preto o impresionante aparello que arma un grande veleiro en plena capacidade operativa como este. Un equilibrio perfecto entre o refinamento técnico e a tradición mariñeira.
Deixa unha resposta