
Socias de Cabo do Mar e da ENT Dorna da Illa de Arousa conforman a delegación galega que se desprazará á Bretaña a finais do mes de maio para participar na Semaine du Golfe du Morbihan.
Este evento internacional chega este ano á súa décimo terceira edición reunindo a nada menos que 1.200 embarcacións tradicionais e clásicas.
A iniciativa, organizada por Culturmar en colaboración coa asociación Les Amis du Sinagot, pretende fortalecer os lazos entre os pobos galego e bretón en materia de patrimonio cultural marítimo e fluvial, campo no que a Bretaña é unha referencia mundial.
Durante o evento, as nosas navegantes terán a oportunidade de vivir a navegación a bordo das embarcacións propias do lugar e de intercambiar experiencias coas tripulacións locais.
A viaxe da nosa delegación ao “mar pequeno” (“mor bihan”) será correspondida con unha visita dunha delegación bretoa aos mares galegos durante o mes de xullo para participaren no XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
Deixa unha resposta