A singradura ten máis aquel cando hai un plan de navegación previo, e onte saímos ao mar con unha misión clara: tomarlle unha no chiringuito da Mosqueira. Así que puxemos rumbo 0º e, nun único bordo, o virazón deixounos mesmiño na rampla.
A taberna non defraudou, onte de petisco había sardiña seca e arroz con luras. Que máis se pode pedir?
É certo que desde hai un tempo preferimos dedicar as saídas semanais coas socias e socios a navegar e aprender todo o que se poda, pero hai tradicións que non queremos perder. Unha das virtudes da nosa Mariña Tradicional no Berbés é que dista nada máis que dúas millas de Moaña.
Deixa unha resposta