Onte sábado 23 de agosto celebrouse na Illa de Arousa a trixésimo sexta edición da Regata do Bao. Nesta ocasión o evento estivo dedicado á memora de Monchito do Cabodeiro, carpinteiro de ribeira que, segundo conta a lenda, construíu nada menos que 360 dornas.
Esta proba é unha das máis singulares do calendario dorneiro, coñecida pola súa espectacular saída desde a praia da Canteira, coas dornas sen aparellar e varadas na area.
Nesta ocasión, as condicións atmosféricas foron inmellorables, con un vento fresco entablado de suroeste que permitiu sacar o máximo partido ao campo de regatas.
Máis de dúas ducias de dornas participaron na competición, entre elas a Fuxe e a Josefa –con tripulantes de Cabo do Mar– que finalizaron en terceira e sexta posición respectivamente. Un resultado excepcional dado o altísimo nivel da competencia.
A vitoria, para sorpresa de ninguén, foi para a Pereka, que raramente cede o primeiro porto. E máis xogando na casa.

Deixa unha resposta