Charla de Alberte Mozo sobre as embarcacións tradicionais

Feira #ESDOMAR 2025

O pasado sábado 4 de outubro participamos por segundo ano consecutivo na feira da economía social do mar #ESDOMAR, organizada por Fundamar.

O evento, celebrado como o ano pasado no entorno da lonxa de Canido, reuniu colectivos, cooperativas e institucións ligadas á economía social que puideron mostrar as súas propostas de establecer lazos con outras entidades e co público que se achegou ao evento.

Exposición fotográfica de Eduardo Rivo

De Cabo do Mar quixemos poñer o noso gran de area participando con varias actividades. En primeiro lugar instalamos a exposición fotográfica “No centro do mar”, de Eduardo Rivo e comisariada por Culturmar.

Ademais, xunto aos postos do resto de entidades, instalamos a dorna Josefa aparellada a vela.

Tamén quixemos compartir a nosa visión sobre o patrimonio marítimo e fluvial a través dunha charla do noso presidente Alberte Mozo sobre as embarcacións tradicionais galegas.

A pesar de que a meteoroloxía non acompañou, a xornada decorreu animada entre música, gastronomía (polbo á feira incluído, faltaría máis) e experiencias compartidas polo conxunto de participantes.


Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *