O pasado 14 de xaneiro do 2026, a bordo do buque Hidria II realizouse o acto de clausura do proxecto Fisatur. Proxecto no que Cabo do Mar participou en representación de Culturmar.
O proxecto iniciouse en outubro de 2024 e desenvolveuse en 10 sesións presenciais e outras tantas titorías telemáticas ata xullo do 2025. Representantes de Cabo do Mar e da directiva de Culturmar participaron nestas sesións.
FISATUR Project, é unha iniciativa que busca desenvolver un crecemento
económico das rexións pesqueiras costeiras mediante a integración e promoción de produtos e servizos turísticos atlánticos relacionados coa pesca, a acuicultura e o patrimonio marítimo pesqueiro.
Participaron entidades de Galicia, Norte de Portugal e Francia. En cada un destes territorios escolléronse 10 iniciativas, que daban acceso a participar en Fisatur e recibir titoría, formación e recursos para axudar a que estas iniciativas puideran converterse en realidades. Unha das iniciativas seleccionadas foi a de Culturmar, que traballa na creación dunha rede de Mariñas Tradicionais en Galicia, unha casa digna para acoller e dinamizar un patrimonio valioso como son as Embarcacións Tradicionais Galegas.
Este proxecto conta co respaldo financeiro da Unión Europea a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). O proxecto en Galicia foi liderado por FUNDAMAR e ICSEM.

Deixa unha resposta