Onte, sábado 31 de xaneiro, achegámonos á vila de Poio para coñecer a Casa Museo de Colón. Este espazo está dedicado á figura do ilustre navegante e a dar a coñecer as teorías sobre a súa galeguidade.
Tivemos o enorme privilexio de percorrer as salas do museo da man de Pedro Martín Gilarranz, Ángel Carracelas, Jose Manuel Rodríguez Crespo e outros membros da Asociación Cristóbal Colón Galego, que converteron a visita nunha verdadeira lección maxistral arredor dos sorprendentes indicios sobre a procedencia deste enigmático personaxe. A erudición e paixón dos nosos anfitrións lograron entusiasmar ás socias e socios de Cabo do Mar presentes, entre as que xa se pode contar máis de unha coloniana confesa e convicta.
Desde aquí agradecemos aos amigos da Casa Museo de Colón a súa infinita hospitalidade e a dedicación a manter e dinamizar este espazo tan especial. Animamos a todas as persoas interesadas na investigación histórica a achegarse ao museo e coñecer de primeira man o seu relato.


Deixa unha resposta