Visita ao Museo do Mar

O pasado sábado 15 de febreiro achegámonos a Alcabre para desfrutar dunha visita guiada polas instalacións do Museo do Mar de Galicia.

Aínda que a maioría xa coñecíamos o museo, percorrelo da man dunha especialista como Itziar fai que a experiencia sexa moito máis valiosa.

Tivemos a oportunidade de nos asomar pola xanela da historia da oceanografía, da bioloxía e arqueoloxía mariñas, da construción naval e das industrias pesqueiras. Tamén puidemos saudar aos habitantes do acuario de especies autóctonas, que conta desde hai pouco con dous novos inquilinos: unha parella de cazóns que están aínda en proceso de aclimatación.

Despois de tanto pasear polas extensas salas do museo sentimos a necesidade de repoñer forzas, así que rematamos a xornada con un viño do país e unha ración de callos.


Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *