Como cada ano, retomamos as nosas navegacións semanais nas nosas embarcacións tradicionais. Nesta temporada celebramos a incorporación dun novo barco, o Avalon, un bote da ría de Vigo aparellado en balandro con maior ao terzo.
Alégranos moito ver como a frota crece.
As primeiras saídas xa deixaron anécdotas, molladuras, algunha vela no mar, reparacións de fortuna, recalmóns inoportunos e, como non, recaladas para brindar polos bos ventos.
Comezamos forte preparándonos para un verán cheo de aventuras.


Deixa unha resposta