Bitácora
-

Regata do Bao 2025
Onte sábado 23 de agosto celebrouse na Illa de Arousa a trixésimo sexta edición da Regata do Bao. Nesta ocasión o evento estivo dedicado á memora de Monchito do Cabodeiro, carpinteiro de ribeira que, segundo conta a lenda, construíu nada menos que 360 dornas. Esta proba é unha das máis singulares do calendario dorneiro, coñecida…
-

Recalada, II Encontro do Mar
Este sábado 16 de agosto remontamos a ria até o seu mesmo nacemento para participarmos na Recalada. Trátase dunha xornada de celebración da cultura mariñeira –organizada polo concello de Soutomaior– que inclúe música, gastronomía, artesanía e actividades náuticas. Ás 7 da mañá largamos amarras dende o Berbés, acompañados pola gamela La Guardia, que se achegou…
-

Recalmón
Este xoves saímos novamente explorar a ria nos barcos de madeira. A previsión de vento non era moi alentadora, anunciando calma desde ben cedo. Por sorte, unha lixeirísima airexa mantívose durante boa parte da tarde permitíndonos cruzar o charco e recalar na rampla da Mosqueira –en Moaña–, onde parte da tripulación aproveitou para dar un…
-

Xuntanza en Moaña
Onte, sábado 9 de agosto, asistimos á vixésima edición da Xuntanza de Embarcacións Tradicionais que cada ano organiza a asociación Sueste. A sorte acompañounos na travesía dende o Berbés. Encontramos un denso neboeiro en Bouzas, e tamén na Guía, pero todo despexado no rumbo norte directo a Moaña. Despois da reunión na rampla da Mosqueira…
-

XVII EETG en Ribeira
Xa pasou unha semana desde a clausura do décimo sétimo Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia celebrado en Ribeira, pero a maior festa, maior resaca… e este Encontro foi unha inmensa festa do patrimonio marítimo e fluvial. Esta edición foi especial, porque a nosa grande festa itinerante volveu ao porto de onde partiu hai 32…
-

Semana do Golfo de Morbihan 2025, bendita tolemia!
No ano 2024 durante o encontro de embarcacións de Brest, ao cal Culturmar acudiu cunha dorna, fixéronse contactos cunha asociación local de patrimonio marítimo, Les Amis du Sinagot, con base en Vannes. Nestes contactos e nas charlas informais, notábase un interese en acudir ás distintas xornadas de patrimonio que organiza cada país. Pero a distancia…
-

Tarde de estrea
Unha semana mais saímos ao mar nas nosas embarcacións tradicionais. Desta volta, un novo patrón estreouse ao mando da Barola. Canto nos alegra que a tripulación se bote para adiante! Din os nosos estatutos que un dos fins principais de Cabo do Mar é a “transmisión dos saberes asociados ás embarcacións tradicionais e á súa…
-

Visita rápida a Moaña
A singradura ten máis aquel cando hai un plan de navegación previo, e onte saímos ao mar con unha misión clara: tomarlle unha no chiringuito da Mosqueira. Así que puxemos rumbo 0º e, nun único bordo, o virazón deixounos mesmiño na rampla. A taberna non defraudou, onte de petisco había sardiña seca e arroz con…
-

Nin brétema nin trebón
Onte mércores pechouse de brétema toda a tarde e hoxe tanto o ceo da mañá como a predición meteorolóxica ameazaban con repetir. Por se fose pouco, ao mediodía retumbaron os tronos na ría. A pesar de todo, decidimos probar sorte e saírmos ao mar nas nosas pequenas embarcacións de madeira. O resultado non podía ter…
-

No Rio Cávado, Esposende
No fin de semana do 6 ao 8 de xuño desprazámonos á vila portuguesa de Esposende para participarmos na décimo cuarta edición do seu Encontro de Embarcações Tradicionais e terceira do seu Festival Náutico. A asociación Forum Esposendense organiza o evento, que nesta edición contou con un nutrido programa de actividades que incluíu palestras, proxeccións,…