Bitácora
-

Volvemos á ría
Como cada ano, retomamos as nosas navegacións semanais nas nosas embarcacións tradicionais. Nesta temporada celebramos a incorporación dun novo barco, o Avalon, un bote da ría de Vigo aparellado en balandro con maior ao terzo. Alégranos moito ver como a frota crece. As primeiras saídas xa deixaron anécdotas, molladuras, algunha vela no mar, reparacións de…
-

Andaina polas pesqueiras de Arbo
O pasado sábado 30 de maio, achegámonos á beira do Miño para coñecer as singularidades da pesca da lamprea. Saíndo da estación de Sela, cubrimos os 5 quilómetros até a desembocadura do rio Cea. Durante o camiño, fomos parando no entorno de diversas pesqueiras para atender ás explicacións do noso guía sobre este oficio milenario.…
-

Visita ao Aquamuseu do río Minho
Segue avanzando o inverno e Cabo do Mar continúa co seu programa de actividades culturais. Nesta ocasión, coincidindo co derradeiro día de febreiro, desprazámonos ata Vilanova de Cerveira para visitar o Aquamuseu do río Minho. Alí asistimos a unha visita guiada na que o biólogo xefe do museo nos acompañou por diversos acuarios. Neles atópanse…
-

Espaço de Memórias do Mar
Con esta entrada inauguramos a nosa nova sección de recensións, onde recomendaremos lugares que visitar, libros, filmes ou calquera outra cousa relacionada co patrimonio marítimo que encontremos interesante. Esperamos que gostedes. Situado en Vila Praia de Âncora, trátase dun pequeno pero interesante museo dedicado ao patrimonio cultural e natural marítimo da costa de Caminha, no…
-

Visita á Casa Museo de Colón
Onte, sábado 31 de xaneiro, achegámonos á vila de Poio para coñecer a Casa Museo de Colón. Este espazo está dedicado á figura do ilustre navegante e a dar a coñecer as teorías sobre a súa galeguidade. Tivemos o enorme privilexio de percorrer as salas do museo da man de Pedro Martín Gilarranz, Ángel Carracelas,…
-

Participación no proxecto FISATUR
O pasado 14 de xaneiro do 2026, a bordo do buque Hidria II realizouse o acto de clausura do proxecto Fisatur. Proxecto no que Cabo do Mar participou en representación de Culturmar. O proxecto iniciouse en outubro de 2024 e desenvolveuse en 10 sesións presenciais e outras tantas titorías telemáticas ata xullo do 2025. Representantes…
-

Nova Ardentía 17
O xoves 13 de novembro convidámosvos a participar na presentación do último número da revista Nova Ardentía, que terá lugar no espazo RioLagares (Falperra 16, Vigo). O evento comezará ás 19:30 e nel participarán Emilio X. Ínsua, Antón Mascato e Rosa Fernández Otero do Consello de Redacción da revista, xunto a Víctor Fernández, da Xunta…
-

Neboeiro
Como cada xoves, onte xuntámonos para sair dar uns bordos pola ría. O pronóstico era de vento frouxo e néboa, e non fallou. Na hora acordada para zarpar aínda había unha visibilidade mínima para unha navegación cautelosa, así que decidimos aventurarnos. O que encontramos ao sairmos do porto non era unha brétema calquera, senón un…
-

Feira #ESDOMAR 2025
O pasado sábado 4 de outubro participamos por segundo ano consecutivo na feira da economía social do mar #ESDOMAR, organizada por Fundamar. O evento, celebrado como o ano pasado no entorno da lonxa de Canido, reuniu colectivos, cooperativas e institucións ligadas á economía social que puideron mostrar as súas propostas de establecer lazos con outras…
-

Feira Franca
Onte, sábado 6 de setembro, embarcacións tradicionais de todo o país ocuparon a pontevedresa ponte do Burgo dentro do programa de actividades da Feira Franca. A mostra reuniu dezaseis embarcacións entre as que se contaron dornas, gamelas, choupáns e botes de diferentes fasquías. Durante toda a xornada un grande número de visitantes se achegou a…