Bitácora

  • Xa estamos no Golfe du Morbihan

    Xa estamos no Golfe du Morbihan

    Como vos contábamos hai uns días, unha delegación de Culturmar que conta con varios representantes de Cabo do Mar participa na Semaine du Golfe du Morbihan que está a celebrarse nestes momentos. Dende o pequeno mar bretón, as compañeiras envíannos algunhas imaxes que retratan o ambiente festivo e o clima de fraternidade que reina neste…

  • Retrospectiva do Festival Azul

    Retrospectiva do Festival Azul

    O Festival Azul 2025 chegou ao seu fin e concluímos a nosa primeira participación no mesmo. O festival celebrouse apenas unha semana despois de inaugurarmos o noso espazo no mar na dársena da Laxe, dentro do entorno de Portocultura. Como colectivo, estamos tremendamente satisfeitas con esta rápida inmersión na dinámica deste espazo e na colaboración…

  • Inauguramos peirao

    Inauguramos peirao

    No 17 de maio de 2025, Dia das Letras Galegas, dimos un grande paso adiante como asociación inaugurando o noso primeiro espazo no mar. Grazas á colaboración da Autoridade Portuaria de Vigo e da Fundación Traslatio, as nosas embarcacións tradicionais estarán expostas ao público na área portuaria da Laxe, compartindo localización con outras embarcacións senlleiras…

  • Festival Azul 2025

    Festival Azul 2025

    Organizado polo Clúster Náutico Rías Baixas, entre o 22 e o 25 de maio de 2025 terá lugar en Vigo o Festival Azul que cada ano reúne todo tipo de entidades relacionadas co mundo do mar para ofrecer ao público un grande abano de experiencias. Este ano Cabo do Mar ten o orgullo de participar…

  • Masterclass en Redondela

    Masterclass en Redondela

    O pasado 16 de maio de 2025, e por segundo ano consecutivo, o compañeiro Víctor Fernández, membro da Xunta Directiva de Cabo do Mar, impartiu unha masterclass sobre a salvagarda do patrimonio marítimo e fluvial en Redondela. A sesión, destinada ás persoas participantes no Obradoiro de Emprego do municipio, tivo lugar na Casa de Labor…

  • Adeus, Paseiro

    Acabamos de recibir a triste noticia do pasamento de Eduardo Paseiro, benquerido amigo e socio de Cabo do Mar. Eduardo será sempre lembrado pola súa labor incansable nos movementos sociais de Bouzas, pero sobre todo polo seu carácter alegre e o seu grande corazón. Alá onde te leve esta singradura, compañeiro, que os ventos che…

  • Golfe du Morbihan, alá imos!

    Golfe du Morbihan, alá imos!

    Socias de Cabo do Mar e da ENT Dorna da Illa de Arousa conforman a delegación galega que se desprazará á Bretaña a finais do mes de maio para participar na Semaine du Golfe du Morbihan. Este evento internacional chega este ano á súa décimo terceira edición reunindo a nada menos que 1.200 embarcacións tradicionais…

  • Asemblea Xeral Ordinaria, Abril 2025

    O pasado venres 4 de abril celebramos a nosa Asemblea Xeral Ordinaria nas instalacións da oficina Municipal de Distrito de Bouzas (Casa do Patín). A sesión estivo centrada en aprobarmos os informes do exercicio anterior e a planificación do presente. Entre os aspectos máis salientables debemos mencionar a grande cantidade de actividades celebradas o ano…

  • A bordo do Gorch Fock

    A bordo do Gorch Fock

    O buque escola da armada Alemana Gorch Fock II recalou en Vigo e non perdemos a oportunidade de nos achegar a visitalo, aproveitando a xornada de portas abertas do pasado domingo 9 de marzo. Trátase dunha bricbarca de tres paus e máis de 80 metros de eslora, construída en 1958 seguindo os planos do homónimo…

  • Visita ao Museo do Mar

    Visita ao Museo do Mar

    O pasado sábado 15 de febreiro achegámonos a Alcabre para desfrutar dunha visita guiada polas instalacións do Museo do Mar de Galicia. Aínda que a maioría xa coñecíamos o museo, percorrelo da man dunha especialista como Itziar fai que a experiencia sexa moito máis valiosa. Tivemos a oportunidade de nos asomar pola xanela da historia…