Bitácora
-

Nova Ardentía 17
O xoves 13 de novembro convidámosvos a participar na presentación do último número da revista Nova Ardentía, que terá lugar no espazo RioLagares (Falperra 16, Vigo). O evento comezará ás 19:30 e nel participarán Emilio X. Ínsua, Antón Mascato e Rosa Fernández Otero do Consello de Redacción da revista, xunto a Víctor Fernández, da Xunta…
-

Neboeiro
Como cada xoves, onte xuntámonos para sair dar uns bordos pola ría. O pronóstico era de vento frouxo e néboa, e non fallou. Na hora acordada para zarpar aínda había unha visibilidade mínima para unha navegación cautelosa, así que decidimos aventurarnos. O que encontramos ao sairmos do porto non era unha brétema calquera, senón un…
-

Feira #ESDOMAR 2025
O pasado sábado 4 de outubro participamos por segundo ano consecutivo na feira da economía social do mar #ESDOMAR, organizada por Fundamar. O evento, celebrado como o ano pasado no entorno da lonxa de Canido, reuniu colectivos, cooperativas e institucións ligadas á economía social que puideron mostrar as súas propostas de establecer lazos con outras…
-

Feira Franca
Onte, sábado 6 de setembro, embarcacións tradicionais de todo o país ocuparon a pontevedresa ponte do Burgo dentro do programa de actividades da Feira Franca. A mostra reuniu dezaseis embarcacións entre as que se contaron dornas, gamelas, choupáns e botes de diferentes fasquías. Durante toda a xornada un grande número de visitantes se achegou a…
-

Regata do Bao 2025
Onte sábado 23 de agosto celebrouse na Illa de Arousa a trixésimo sexta edición da Regata do Bao. Nesta ocasión o evento estivo dedicado á memora de Monchito do Cabodeiro, carpinteiro de ribeira que, segundo conta a lenda, construíu nada menos que 360 dornas. Esta proba é unha das máis singulares do calendario dorneiro, coñecida…
-

Recalada, II Encontro do Mar
Este sábado 16 de agosto remontamos a ria até o seu mesmo nacemento para participarmos na Recalada. Trátase dunha xornada de celebración da cultura mariñeira –organizada polo concello de Soutomaior– que inclúe música, gastronomía, artesanía e actividades náuticas. Ás 7 da mañá largamos amarras dende o Berbés, acompañados pola gamela La Guardia, que se achegou…
-

Recalmón
Este xoves saímos novamente explorar a ria nos barcos de madeira. A previsión de vento non era moi alentadora, anunciando calma desde ben cedo. Por sorte, unha lixeirísima airexa mantívose durante boa parte da tarde permitíndonos cruzar o charco e recalar na rampla da Mosqueira –en Moaña–, onde parte da tripulación aproveitou para dar un…
-

Xuntanza en Moaña
Onte, sábado 9 de agosto, asistimos á vixésima edición da Xuntanza de Embarcacións Tradicionais que cada ano organiza a asociación Sueste. A sorte acompañounos na travesía dende o Berbés. Encontramos un denso neboeiro en Bouzas, e tamén na Guía, pero todo despexado no rumbo norte directo a Moaña. Despois da reunión na rampla da Mosqueira…
-

XVII EETG en Ribeira
Xa pasou unha semana desde a clausura do décimo sétimo Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia celebrado en Ribeira, pero a maior festa, maior resaca… e este Encontro foi unha inmensa festa do patrimonio marítimo e fluvial. Esta edición foi especial, porque a nosa grande festa itinerante volveu ao porto de onde partiu hai 32…
-

Semana do Golfo de Morbihan 2025, bendita tolemia!
No ano 2024 durante o encontro de embarcacións de Brest, ao cal Culturmar acudiu cunha dorna, fixéronse contactos cunha asociación local de patrimonio marítimo, Les Amis du Sinagot, con base en Vannes. Nestes contactos e nas charlas informais, notábase un interese en acudir ás distintas xornadas de patrimonio que organiza cada país. Pero a distancia…